?ltimo acto do programa “Letras Vivas” en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Logo dos actos que tiveron lugar os días 21 e 28 de abril na biblioteca municipal de Pontecesures dentro do programa Letras Vivas, cofinanciado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Pontecesures, dirixidos aos alumnos de Primaria e da ESO do CPI Pontecesures, respectivamente, o mércores, 5 de maio ás 17 horas na citada biblioteca, da rúa Raimundo García Dominguez “Borobó”, a Compañía Trinke Trinke de A Coruña presentará a obra “Os ratos da Biblioteca tamén se namoran….”, dirixido aos aproximadamente 100 nenos/as que cursan educación infantil no noso colexio.

A obra durará uns 40 minutos co seguinte argumento: Un dos Ratos da Biblioteca séntese raro. Apenas come, anda nos biosbardos e non para se susupirar. A axuda da súa familia será fundamental para comprender e sobrelevar o seu estado de ánimo. Contos de amor.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.