O Náutico de Pontecesures, 2º na Copa de Promoción.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Gran actuación dos piragüstas cesureños na cuarta regata desta copa disputada no encoiro de Prada (Avión). Quedaron segundos por equipos con 3.385 puntos, detrás do As Torres Romería Vikinga de Catoira que obtivo 4.365 puntos. O Náutico de Pontecesures demostrou o bo traballo que está a facer este club cos deportistas nas categorías inferiores.
Por outra banda, no Galego de Maratón o equipo cesureño quedou no lugar 17º con 541 puntos. Tamén este torneo foi gañado polo equipo de Catoira con 2.612 puntos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.