Enquisa da ANPA sobre o comedor escolar no CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de onte a ANPA do C.P.I. Pontecesures entregou a seguinte nota aos pais/nais:

“A directiva da ANPA do CPI de Pontesures informa aos seus asociados da posibilidade de establecer un servizo de comedor no colexio, sempre cun número de nenos mínimo para que resulte rentable, sería un servizo de catering, con camareiros e monitores ata ás 16:00 horas, cun custo aproximado de 4 ou 5 euros por nenos. Non haberá servizo de autobús ao remate do comedor, tendo que recoller aos nenos no colexio os pais/nais, como máximo ás 16:00 horas.”.

A continuación solicítase o número de nenos/as interesados no comedor.

Categorías: Educación

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.