Mañá pódeche pasar a ti.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Imaxina que traballas nunha empresa de reciclaxe de lixo. Imaxina que tes unha familia que manter. Imaxina que estás a piques de perder o teu posto de traballo porque a túa empresa non pode subsistir xa que algúns alcaldes non lle pagan o traballo. Imaxina que vives nun Concello que lle adebeda 1.728.906 euros. Imaxina que ese Concello chámase Ames e que el só lle adebeda máis que todos os demáis xuntos. Imaxina ó seu alcalde. Imaxina que che pide o teu voto. Mellor non imaxines e abre os teus ollos ante o que está a suceder coa Mancomunidade Serra do Barbanza e os traballadores da planta de Servia. Cando vexas pasar o camión recollendo o lixo para o seu reciclado non mires para outro lado e pensa nos homes, mulleres e nenos que poden quedar na miseria. Lembra: 1.728.906 euros de débeda. o nome do alcalde: Carlos Fernández.

Carta ao Director de Xesús (Millladoiro-Ames).
TIERRAS DE SANTIAGO, 19/10/10

Categorías: Opinión

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.