Traballos de mellora do solo do pavillón de Pontecesures.
Dende hai tempo, o solo do pavillón municipal presenta problemas polo seu estado esbaradizo, afectando esta situación á práctica deportiva con riscos de caídas. Foron xa varias as queixas transmitidas por esta deficiencia.
Por esta razón, nesta data, a empresa Construcciones Caamaño de Pontecesures, comezou os traballos de acondicionamento da pista, botando unha laca ou barniz ao actual pavimento para lograr a adherencia do calzado dos deportistas. Con carácter previo fixéronse varias probas con distintos productos ata lograr o máis axeitado.
O goberno local optou por esta solución, válida para un tempo máis o menos longo, pero xa hai que ir pensando na substitución do actual pavimento de formigón pulido, que xa ten uns dez anos de vida. Esta instalación esta a ser moi utilizada con equipos federados de baloncesto, coa súa escola infantil, e fútbol sala (pequenos e maiores). Ademais tamén hai actividades de tenis, patinaxe e outras actividades extraescolares. Tamén se desenvolven no recinto parte das clases de educación física do CPI Pontecesures que se atopa a carón do pavillón.
Por mor dos traballos o pavillón permanece pechado, como mínimo ata o martes próximo, día 2 de novembro.
0 comentarios