Portos de Galicia arranxa o alumeado do peirao.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Dende hai pouco máis dun mes, informouse a Portos de Galicia do deficiente funcionamento do alumeado público do peirao de Pontecesures solicitando a súa reparación inmediata. Ademais de que estaban afundidas numerosas luminarias das columnas no tramo que vai dende a ponte interprovincial ata a curva do Telleiro, estaba inoperativo todo o alumeado do paseo marítimo, fronte a empresa Nestlé, que incluso presentaba algún “globo” destrozado. Houbo queixas veciñais no concello por estas deficiencias.

Pois ben; nestes últimos días Portos de Galicia acometeu as obras de reparación acollendo con satisfacción a boa nova.

Hai que facer constar que, de tódolos xeitos, as farolas baixas do alumeado do paseo marítimo, fronte Nestlé, están moi deterioradas. Xa teñen varios anos, e estanse a desfacer polo óxido. Farolas deste tipo xa foron substituídas noutros portos, e o Concello de Pontecesures vai solicitar tamén a Portos a súa substitución.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.