En Pontecesures os datos de doazóns de sangue seguen a ser bos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Durante 2009, houbo 252 doazóns na nosa vila o que supón 86 donantes por cada mil habitantes/ano, dato moi superior á media dos municipios galegos. A cifra baixou un 18% respecto a 2008, no que houbo 306 doazóns. Probablemente na baixa tivo que ver a circunstancia de que o equipo móbil do Centro de Transfusións de Sangue en 2009 nin se instalou na Plazuela, nin na praza do Coche de Pedra por mor das obras, e houbo que levalo a un lateral da praza de abastos, nunha zona menos visible para os veciños.
Aínda non hai datos de 2010, pero esperamos que sexan mellores.

Categorías: estudios

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.