Os «chonis» nos invaden.
Que substitúan CNN+ por un cnal 24 horas de Gran Hermano paréceme indignante e de xente demente. ¿Como queren que este país avance se cada vez que encendemos a televisión só vemos lixo?. ¿Como queren que este país avance emitindo todo o día a vida dunhas persoas ás que só se lles ve comer, berrar e manter relacións sexuais?. ¿Como queren que este país avance con programas que levan doce anos emitíndose e son un noxo?. ¿Como queren que este pais avance con tanta xente vivindo do conto e gañando cartos a montón mentres outra xente está debaixo dunha ponte?.
Non sei como queredes que avance, pero ¿sabedes que vos digo?: que non toda a culpa é do Estado, o país e as televisións. A culpa é da xente que se pasa horas e horas mirando para unha pantalla vendo como uns cantos balas perdidas fan o paripé para despois encher o peto. A culpa é da xente inculta que hai neste país, que non é pouca.
Deixade esas programacións basura que só vos comen a cabeza e collede un libro ou vede un informativo, porque, non sei a vós, pero a mín preocúpame moito cal vai ser a situación final desta sociedade.
Carta ao director de Paula Casal García (Padrón)
LA VOZ DE GALICIA, 02/01/11
0 comentarios