Retranqueo de postes de Gas Natural Fenosa en Pontecesures.
Por parte do Concello de Pontecesures, se están realizar xestións con Gas Natural Fenosa para que se trasladen os postes que prexudican o paso de vehículos e peóns nos seguintes lugares:
1. Rúa Calera de Porto. Nesta pista todavía continúa un poste con evidente perigo. Na zona levouse a cabo unha actuación de ancheamento coa cesión de terreos por parte dun particular.
2. Rúa dos Mariñeiros de Porto. Neste caso son dous os postes os que quedan estorbando no na rúa, tras a realización de obras incluidas nos plans provinciais de cooperación, e logo de gañarse un bo espazo de terreo por cesión de particulares.
3. Unha columna de tamaño considerable na Cruz de Infesta. Neste caso os prexudicados son os peóns pois a columna está na beirarrúa. Hai razóns estéticas dabondo para o retranqueo da instalacións, tendo en conta que por esta zona discorre o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.
O concello xa realizou a solicitude para o retranqueo e estamos á espera do coñecer a disponibilidade da empresa e o custo das obras.
Máis adiante realizaremos máis peticións neste caso para a retirada de postes. Por exemplo na rúa Víctor García, nas rúas centrais, hai dous postes de madeira na zona se estacionamento que é preciso eliminar como instan os veciños da zona con toda a razón.
0 comentarios