Os Reis Magos serán recibidos na Plazuela de Pontecesures aínda se houbera mal tempo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Durante todo este día, estanse a ultimar os traballos organizativos da cabalgata que sairá hoxe 5 de xaneiro, ás 17:45 horas, dos arredores da nave de obras do concello, preto do CPI Infesta, salientando o gran traballo que realizaron varios colectivos na preparación das carrozas.

O desfile percorrerá as rúas Ullán, Avda. de Vigo, Praza de Pontevedra, Portarraxoi, San Lois, Sagasta, Víctor García, Novo Núñez Eugenio Escuredo e rematará na Plazuela onde os Magos serán recibidos polas autoridades e entregarán agasallos aos nenos.

Como as previsións do tempo son preocupantes pola choiva, instalouse onte unha carpa de considerables dimensións na Plazuela. Ao parecer o tempo será de choiva e vento, ata o mediodía, pero ás 16 horas podería mellorar segundo os prognósticos meteróloxicos consultados. Deste xeito, o concello esgotará todos os recursos para que o desfile faga o percorrido salvando as dificultades. De non ser así, os Reis Magos chegarán á Plazuela, e será neste espazo onde se celebrarán todos os actos.

Faise un chamamento a nenos e maiores para que asistan a recibir e a saúdar aos reis desafiando ao tempo na noite ilusionante de mañá.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.