A pesar do mal tempo saiu a Cabalgata de Reis en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Ás 18 horas de onte, 5 de xaneiro, saiu o desfile da nave de obras do concello, constituído por 7 bonitas carrozas, unha escolta de cabalos e varias persoas a pe ataviadas con motivo navideños. A pesar de que choveu por momentos, rematou o percorido previsto, e ás 19 horas os Reis Magos chegaron á Plazuela onde foron recibidos por moitos nenos e maiores con aplausos e vítores, estalando, ademais, fogos de lucería.
Baixa unha carpa de dimensións considerables, os Magos de Oriente deron as grazas polo recibimento e entregaron agasallos a todos os nenos.
Realmente foi unha xornada exitosa cunha cabalgata moi bonita e ben organizada, e dende o concello agradecemos o labor das persoas e asociacións que colaboraron na preparación das carrozas (Xarandeira, ANP do CPI Pontecesures, A Barcarola e outros grupos de persoas) empregando parte do seu tempo libre en traballar desinteresadamente a prol dos máis cativos.
Tan só salientar como incidencia o desmaio dun neno na Plazuela, que foi evacuado urxentemente pola Policía Local e por Protección Civil. O neno recuperouse, case ao instante, na rúa San Lois.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.