Vidal Seage: “Encabezo a lista con ilusión”.
Na mañá de hoxe, 12 de febreiro, foi a presentación do novo candidato á alcaldía polo PP de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage. Ademais de dicir que estaba ilusionado polo reto, tamén manifestou que ía contar cos afiliados para formar a lista electoral.
O presidente provincial, Rafael Louzán que fixo a presentación, manifestou que o PP tiña esperanza en acadar a maioría absoluta nos comicios, salientando o labor realizado polos concelleiros populares nestes catro anos no goberno municipal (citou en concreto a Rafael Randulfe, presidente local do partido e tamén presente no acto).
Tamén Louzán afirmou que na vindeira semana o partido terá un local en Pontecesures, para adicar ás reunións do grupo de traballo cara as eleccións.
0 comentarios