Carta á señora Coto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Señora Carmen Coto: Segundo teño entendido, a lista xa está eleborada e eu sigo sen saber nada, coma sempre, sen saber nada. Eu non sei que entende a señora Coto por equipo, pero dende logo a min non me demostrou nada de nada. Un equipo traballa en conxunto, analiza as cousas en común e conta coa opinión de todos.
Sempre fun a remolque dela e a miña opinión non interesaba para nada. Conmigo iso non funciona, xa que eu teño o meu propio criterio e miña forma de ver as cousas.
As comisións axenciounas vostede se consultar conmmigo se quería ou non, e logo tivo a cara dura de dicirme que fora cousa do señor Maneiro. Vaia!. Pero que pensa?. Que son tonto?. Logo chegaba aos plenos e dicíame: «neste punto si, neste punto non». Así, sen máis tipo de explicacións. Pois ben, señora Coto, eu non son o pelele de ninguén. Por ese motivo foi polo que deixei de ir aos plenos. Para que?. claro, xa entendo, para erguer a man onde a ela lle conviña, estivera ou non de acordo.
Pero imos ver, que me entere: A oposición está para ir en contra dos opoñentes teñan ou non teñan razón?, fagan ben ou non as cousas?. Non señora Coto, iso non funcioan así. A miña filosofía política non é esa. Eu non lle quito a razón a ninguén polo mero feito de ser contrario. Non, eu son obxectivo bastante maís que subxectivo e vexo as ousas.
Señora Coto, se hai un pobo que funciona, un pobo que medrou en todos os eidos, non lle quitemos méritos polo mero feito de ser a oposición. Non somos Rajoy e Zapatero. Mire, voulle contar: Para mín facer política é ser honrado, traballador, ir coa lei, loitar polo pobo que te elixiu para ser o seu representante. Mire, para que o entenda mellor: O pobo é a empresa é o representante é o traballador, entón o que hai que facer é traballar para os teus xefes (neste caso o pobo). Estou ata o nariz de que se traxiversen as cousas nisto da política. Cando algo está ben está e cando non pois non está, e non levar a contraria porque ti non es do meu partido. Xa está ben de tonterías e sexamos serios.
Eu ante todo son un demócrata e vexo a vida dende ese punto de vista e penso que ten que ser así. Do contrario eu non, non entro polo aro. Botemos unha visual a todo o que nos rodea e sexamos obxectivos dunha vez por todas. Deixémonos de ser resesos e amargados e sexamos dialogantes.
Señora Coto, creo que se confundiu e vostede sabe ben porque llo digo. Mire unha cousa, eu xa non tiña pensado ir nas próximas listas pero….., home, podería vostede comunicarme a súa decisión e non facelo deste xeito tan deplorable. Que vergoña!. En fin….como din no meu pobo: «A onde vas sen paraguas».
Que Deus nos colla confesados.

Carta de Manuel Castiñeiras
Concelleiro do PSOE de Valga

DIARIO DE AROUSA, 16/02/11

Categorías: OpiniónPolítica

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.