Vertido de líquido hidráulico dun camión na rúa San Lois.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Sobre ás 11 horas de hoxe, 21 de febreiro, na zona de carga e descarga da rúa San Lois de Pontecesures apareceu un vertido procedente dun camión avariado. O líquido ía avanzando por esta rúa e pola Carlos Maside.
Foi necesaria a actuación de Protección Civil de Pontecesures para baldear toda a zona co fin de evitar accidentes sobre todo nos pasos de peóns que estaban moi esbaradizos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.