O PONTECESURES C.F. DA CATEGORIA ALEVÍN P?DESE PROCLAMAR CAMPI?N DA S?A LIGA

Publicado por fru o

 

O equipo xoga este domingo dia 27 ás 12 da mañá (ollo que hai cambio de hora) no campo municipal Ramón Dieguez de Pontecesures contra o Cacheiras. Quedan 3 partidos, pero en caso de gañar xa serían campións e disputarian a fase de liga galega. Para elo, queren gañar este domingo, a un rival que está pola metade da taboa clasificatoria.

Este grupo de alevíns foi subcampión o ano pasado, polo que esta xeración de futbolistas ten outra oportunidade de acadar o título alevín. Seu adestrador Marcos “Pichi” fai un chamamento para que os demais xogadores do club, asi coma pais, familiares e afeccionados en xeral, suban este domingo a animar ós rapaces.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.