Mañá, 30 de marzo, contacontos na biblioteca de Pontecesures.
Mañá, 30 de marzo, ás 12 horas visitarán a biblioteca de Pontecesures (rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”, nº 22), os nenos de educación infantil de 4 e 5 anos, para asistir a unha actividade de animación á letura.
O contacontos “Pablísimo”, narrará o conto “Contos con ovos”. O acto pertence ao programa “Letras vivas” cofinanciado entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Pontecesures.
0 comentarios