A ANPA do colexio envía un escrito aos candidaturas nas vindeiras eleccións.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dí o seguinte:

«Somos a asociación de nais e pais de alumnos (ANPA Infesta) do CPI Pontecesures. O centro conta con máis de 330 alumnos dos que, aproximadamente, 200 pertencen á nosa asociacións.
Con motivo das próximas eleccións e a preparación dos programas electorais que presentan as diferentes candidaturas dirixímonos a vostedes coa intención de comunicarlle os nosos intereses para os nenos.
A asociación non está vinculada a ningún grupo político e carece de aspiracións nese ámbito.
Sostémonos coas cotas anuais dos sociaos (9 ? por familia) e contamos cunha subvención municipal, así como axudas puntuais nos diferentes actos que organizamos.
Mirando sempre o interese dos nenos e os seus pais, a asociación leva anos solicitando un comedor escolar que á súa vez poidese ser utilizado como salón de actos, do cal carece o centro, polo que nos gustaría seguir contando co apoio do concello nese asunto.
Axudaríamos económicamente poder facer fotocopias no concello e como carrecemos de local ou sede, agradeceríamos que se nos poidese ceder algún local ou despacho para tal fin.
Co0n motivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar sería interesante que se poidese instaurar o plan madruga no centro así como a implantación de actividades nos períodos vacacionais.
Aínda que xa sabemos que está moi solicitado, gustaríanos ter máis facilidades no acceso ao pavillón para realizar actividades extraescolares.
Esperamos que algunha das nosas inquedanzas poida terse en conta na elaboración do programa electoral, ademais de que poidamos seguir contando co apoio do concello.
Agradecemos de antemán o seu interese por colaborar connosco, cos nenos do noso concello e con seus pais.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.