Mañá presentación do programa de “Custodia Fluvial Ulla-Umia-Lérez” mañá en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) convoca unha xuntanza mañá mércores 13 de abril ás 20:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello de Pontecesures sobre o programa de referencia, facendo un chamamento á participación dos veciños.
Trátase dunha iniciativa de participación, educación, e voluntariado ambiental promovido por ADEGA coa finalidade de dar a coñecer o papel dos espazos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas de custodia do territorio que permitan á cidadanía a conservación e a mellora dos ríos.

Categorías: Ecoloxía

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.