Novo duelo do Náutico Pontecesures co Firrete na Copa de Promoción.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Copa Galega de Promoción chega á súa terceira cita da tempada (dun total de oito), co encoro pontevedrés de Verducido coma escenario, e co Náutico Pontecesures aspirando a superar, esta vez si, o Náutico Firrete no seu duelo particular polo liderado.
Un primeiro posto que ostenta nestes momentos o club coruñés, logo de impoñerse nas dúas primeiras regatas puntuables, co seu rival do Baixo Ulla inmediatamente por detrás. Situación esta que lle proporciona ao Firrete 4 puntos de vantaxe na clasificación provisional do campionato de promesas.
De partida o líder provisional sae con maiores opcións de volver a gañar hoxe, en tanto presenta 27 deportistas á cita, polos 22 inscritos polo Pontecesures.
O Baixo Ulla e o Salnés están tamén representados hoxe en Verducido polas Torres-Romaría Vikinga (17 padexeiros), polo Breogán do Grove (16), polo Náutico O Muíño de Ribadumia (13), polo Piragüismo Illa de Arousa (11), e mais polo Piragüismo Cambados (6).
A cita arrinca ás dez e media da mañá e prolongaráse ata as dúas da tarde, con barcos individuais alevíns e infantís.

LA VOZ DE GALICIA, 30/04/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.