André Oliveira no selectivo para o Europeo de piragüismo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O cuarto control selectivo fixado pola Real Federación Española de Piragüismo para a confección dos dous equipos cos que acudirá aos vindeiros Campionatos de Europa Sénior e Sub 23 celébrase hoxe, e non o día 27, como erroneamente se publicou no día de onte. No encoro pontevedrés do Pontillón do Castro, Verducido, oito padexeiros do Baixo Ulla e do Salnés buscarán praza continental, algúns, ata en tres probas: Tono Campos e André Oliveira (Firrete), Diego Romero (As Torres), Juan Ramón Bayón e David Maquieira (N. O Muíño), e Ángel C. Ribadomar, Jacobo Domínguez e Álvaro Bravo (Breogán).

LA VOZ DE GALICIA, 28/05/11

Categorías: Deportes

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.