Resposta ás acusacións de perda dunha subvención de 6.000 euros para actividades de conciliación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1. Ao abeiro da Resolución de 05/04/11 da Secretaría Xeral de Igualdade o goberno anterior encargou a través dunha empresa externa unha memoria de actividades para desenvolver un programa de fomento da conciliación de acordo co artigo 4º.2.1.c) da Resolución: Poderá ser obxecto da subvención, «c) Calquera outra medida, sempre que os seus obxectivos respondan ao fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares».

2. Presentouse a solicitude de subvención por 6.000 euros, pero por un erro do técnico da empresa, non advertido nas oficinas municipais, non se incluiron as actuacións no fomento da conciliación, senón nun programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

3. Deste xeito, na Resolución do 16 de xuño de 2011 publicada o pasado 21 de xuño, requírese ao concello (como a moitos outros), que presente unha documentación, entre ela o plan de igualdade do concello que é un requisito da convocatoria para as axudas para os programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero e non para os programas de fomento da conciliación.

4. Como hai un prazo de dez días no requirimento da resolución, poderiase presentar un escrito tentando que a solicitude sexa considerada como de fomento de conciliación, explicando o erro padecido. Así comunicámoslle á empresa externa que contacte co novo concelleiro de Asuntos Sociais e Educación neste senso.

5. Porén hai que dicir que no hipotético caso de que a subvención fose correctamente tramitada estaba por ver se ía ser concedida e por que contía.

6. Evidentemente lamentamos o sucedido, damos a cara explicando a situación, pero tamén dicimos que nos últimos catro anos obtivéronse varias subvencións para este tipo de actividades de nenos. Por exemplo todo lembramos a do Concello Saudable da Consellería de Sanidade que posibilitou perante todo o 2009 o
desenvolvemento dun programa amplísimo onde tamén participaron os máis pequenos.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.