Roque Araújo envía un escrito polas actividades de verán.
Nestes días foille entregado aos nenos/as, que asisten ás actividades de verán, ou ás persoas maiores que os levan, o seguinte escrito do concelleiro Roque Luis Araújo Rey:
«Por primeira vez o Concello organiza actividades de verán para os nenos e nenas de Pontecesures con idades comprendidas entre os 5 e 12 anos, recibindo o nome de «LUDOTECA DE VERÁN 2011″. Esta iniciativa nace coa necesidade de facilitar a conciliación da vida laboral coa familiar no período estival.
A ludoteca é un espazo donde os nenos/as poden aprender xogando, divertirse e desenvolver a súa imaxinación e cratividade sendo un dos obxectivos educas ós/ás menores no seu tempo libre contando con persoal cualificado que os guiará no xogo favorecendo o desenvolvemento integral, a autonomía, imaxinación e tamén o proceso de socialización co seu grupo de iguais.
Agunha ds actividades porpostas para levar a cabo son:
-Xogos de presentación: o porquiño, pícame…
-Xogos dinámicos: pisaglobos, Polo d’avanti, moléculas…
-Xogos tradicionais: carreiras de sacos, trompos, chapas, corda, canicas…
-Xogos predeportivos e deportivos: ximcana, rabos, brilé…
-Acitividades: malabares, cairocas, sal de cores, pintura de camisetas…
-Obradoiros: globoflexia, contacontos, marcapáxinas, chapas….
A Ludoteca terá un horario de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas durante os meses de xullo e agosto. O seu horario é flexible e estará estructurado do seguinte xeito:
9:30 a 10:00 horas: Recollida de nenos/as
10:30-11:30 horas: Actividades e manualidades creativas.
11:30-12:00 horas: Merenda (Cada neno/a traerá a súa merenda da casa).
12:00-12:30 horas: Xogo libre.
12:30-13:15 horas: Xogos predeportivos, musicais…
13:30 horas: Saída dos nenos.
Se por algunha razón o/a menor deixase de aisitir ás actividades durante algún tempo, tivese que saír antes ou existise calquera circunstancia que consideren as monitoras deben coñecer, prégase que así llo fagan saber.
Agardamos que as actividades sexan do agrado de nenos e nenas e disfruten da experiencia.
Un saúdo
Roque Araújo
Concelleiro de Servizos Sociais, Educación e Deportes»
0 comentarios