Arranxado a alumeado da ponte interprovincial sobre o río Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Dende o domingo, 14 de agosto, ata o día de onte, estivo a funcionar con notables deficiencias o alumeado desta ponte e tamén dos puntos de luz máis próximos á mesma, na rúa José Novo Núñez de Pontecesures. De todas as luminarias existentes na ponte tan só funcionaben catro ou cinco co conseguinte perigo para vehículos e peóns.

A deficiencia tivo unha incidencia especialmente negativa nas noites dos días 15 e 16 de agosto con verbenas que se celebraron precisamente no lugar de A Ponte (Padrón). As numerosas persoas que cruzaron neses días a ponte tiveron que facelo case na penumbra con incomodidades para todos.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.