O Pontecesures, subcampión da Copa Galega de Promoción.
O Campionato Galego Infantil da pasada fin de semana completaba as oito probas do calendario da Copa Galega de Promoción. Onte a Federación Galega de Piragüismo ofreceu a clasificación final desta última. E nela o Náutico Pontecesures aparece coma subcampión con 342 puntos. A 8 do campión, o Náutico Firrete (350), e con 6 puntos de vantaxe sobre o Escola de Piragüismo Poio-Conservas Pescamar, terceiro no podio por equipos.
O Náutico Firrete fíxose co triunfo logo de gañar cinco das oito probas valedeiras, mentres que o Náutico Pontecesures se impuxo nunha única regata, a da Illa de Arousa.
Entre os equipos da zona, só o Breogán do Grove conseguíu meterse tamén no top ten, sétimo con 315 puntos. En total, foron 37 os clubs que puntuaron na Copa Galega de Promoción.
LA VOZ DE GALICIA, 26/08/11
0 comentarios