O Náutico de Pontecesures non participa na proba de promoción de Vilanova.
Dobre cita piragüista a de mañá no calendario galego. A máis cercana, a terceira regata autonómica de alevíns e de benxamíns, coas augas de Vilanova de Arousa como escenario e un campo de regatas de 1,5 quilómetros.
Na lista de inscricións figuran todos os equipos da beira sur da ría de Arousa, agás o Náutico Pontecesures. No programa, media ducia de probas. A primeira ás catro da tarde e a última dúas horas despois. Todas, como é lóxico nestas idades, para embarcacións individuais.
Tamén mañá domingo, neste caso en Pontedeume, A Coruña, celebraráse a penúltima proba do calendario da Copa Galega de Ríos, a Baixada do Río Eume. No programa, unha ducia de regatas para barcos individuais cadetes, xuvenís e séniores, e para o K-2 sénior masculino. No caso dos kaiaquistas homes o percorrido será de 12 quilómetros, reducíndose o descenso para o resto a 7.
Noutra orde de cousas, o Piragüismo Cambados finalizou o día 21 en Denia decimoquinto por equipos no Campionato de España de Kayak de Mar.
LA VOZ DE GALICIA, 27/08/11
0 comentarios