A caldeira do CPI Pontecesures, en principio, non vai ser substituída.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O venres, 9 de setembro, persoal técnico da Xefatura Territorial de Educación visitou o centro para comprobar ??in situ? as deficiencias da caldeira da calefacción que está a crear problemas polo seu disparatado consumo de combustible con notable prexuizo económico para a economía do centro.

Estabase a valorar a súa substitución, pero trala visita pódese concluir que a caldeira instalada en 1996 o que necesita é unha serie de actuacións, costosas sí, pero cun importe inferior á adquisición dunha nova. Foron detectados así, entre outros, problemas na caixa de fumes da caldeira e outros na propia sala da caldeira que impedían a ventilación baixa.

Todavía hai que comprobar, cunha proba de presión, se hai fugas no depósito.

A Unidade Técnica está a elaborar un informe sobre as actuacións que se precisan e sobre o custo das mesmas para o coñecemento do xefe territorial de educación e a toma de decisións. A ACP espera que os traballos sexan realizados canto antes..

Pontecesures, 13/09/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.