Reunión da Agrupación Cidadá de Pontecesures.
O pasado 2 de setembro no local coñecido como «Casa da Serrana» de Carreiras (Pontecesures) tivo lugar unha reunión dos integrantes da lista da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) que se presentou ás eleccións locais de maio pasado.
O concelleiro e representante da agrupación, Luis Ángel Sabariz Rolán, informou sobre as diversas xestión realizadas agora na oposición e falouse sobre as actuacións que está a realizar o goberno local.
Os integrantes da agrupación adoptamos dous acordos concretos:
1. Asinar un escrito para presentalo no concello solicitando que se corrixa un feito grave: A exclusión do voceiro da ACP nas comisións informativas permanentes e no escrito se expoñen as razóns da nosa queixa e as solucións para corrixir a inxustiza.
2. Exteriorizar o noso malestar porque nada menos que tres concelleiros (os tres tenentes de alcalde) cobren unha dedicación exclusiva no noso pequeno concello, considerando que é algo que nunca ocorreu en Pontecesures e totalmente innecesario. Nos tempos de crise que vivimos, con fortes recortes nas administracións públicas, resulta incrible que cos nosos cartos teñamos que facer fronte a estas retribucións gastando o goberno local uns 30.000 euros anuais máis en total en comparación co gasto do goberno anterior por estes conceptos, dándose a sensación de que varias persoas presentáronse ás eleccións co obxectivo de solucionar a súa situación laboral persoal.
Periódicamente imos celebrar este tipo de xuntanzas os membros la lista. Adquirimos un compromiso cando nos presentamos como agrupación de electores o 22 de maio e temos que cumprir a nosa promesa de traballo polos interess de todos diante dos nosos votantes e do pobo de Pontecesures.
Pontecesures, 16/09/11
0 comentarios