Contestación da alcaldía sobre a solicitude da presenza na reunión de comerciantes de hoxe.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En contestación ó seu escrito de data 1509/2011, rexistrado no concello o día 16 do mesmo mes có nº 1891, en relación coa ??Mesa Local do comercio?, comunícolle que a reunión do vindeiro martes día 20 de setembro é unicamente para que os comerciantes do noso pobo elixan un representante, cuxa función será a de vogal, cando sexa constituída a citada Mesa.

Na data actual, aínda non se sabe canso se constituirá a Mesa Local de Comercio, que ven definida no artigo 21 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, e que debe estar constituída antes do 30 de decembro de 2011.

Conform á devandita lexislación, os integrantes da Mesa Local do Comercio serán:

-Un representante da Administración Local (será o alcalde ou persoa en quen delegue. A súa función será a presidencia da Mesa.

-Un representante do comercio (será a persoa que os comerciantes desta vila elixan). A súa función será a de vogal.

-Un representante dunha asociación de consumidores, cuxa función será tamén a de vogal.

-Dous representantes da Administración Local (para igualar en número cos representantes de comercio e de consumidores). A súa función será a de vogal.

-Un representante da Administración Autonómica, con carácter voluntario e que será designado pola consellería competente en comercio. Igualmente a súa función será a de vogal.

-O Concello designará a unha persoa que terá a función de secretario/a, con voz pero sen voto.

O que lle traslado para o seu coñecemento ós efectos oportunos.

Pontecesures, 16 de setembro de 2011
O alcalde

Manuel Luis Álvarez Angueira

D. Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.