Reiteración de petición para que a oposición estea presente na reunión de comerciantes de hoxe.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo de solicitar a vostede que se convidase aos integrantes das forzas da oposición á reunión cos comerciantes da localidade que terá lugar hoxe martes ás 21 horas no Salón de Sesións que é previa á constitución da Mesa Local do Comercio, observo pola súa contestación de data 16 de setembro (nº 1.507 de saída do 19 de setembro), que recibín no día de onte que seguimos sen estar convocados co argumento pouco claro de que a reunión só ten por obxecto que os comerciantes elixan o seu representente na mesa. Ademáis lémbranos aspectos da regulación do órgano a constituir tanto da Lei de comercio interior de Galicia como dun proxecto de decreto sobre o funcionamento destas mesas locales de comercio que aínda non foi aprobado.

Con respecto a súa constestación matizase o seguinte:

1.No texto da convocatoria dirixida por vostede aos comerciantes, nin se afirma nin se deduce que na reunión de hoxe vai ser realizada elección algunha do seu representante na mesa.
2.Afirmase sí no texto, que van ser tratados aspectos dos obxectivos das mesas de comercio para acadar un maior dinamismo e modernización do sector e para definir as actuación para realzar o comercio local en Pontecesures.

Por esta última cuestión, que previsiblemente orixinará un debate, é polo que se considera que os representantes da oposición deben de estar presentes na reunión informativa previa á reunión constitutiva da mesa do día de hoxe.

En consecuencia, reitérase a petición de que as forzas da oposición sexan convocadas para a reunión de hoxe. Queremos informarnos e aportar e parece que non nos deixan.

Pontecesures, 20/09/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

SR. D. MANUEL LUIS ÁLVAREZ ANGUEIRA
ALCALDE DE PONTECESURES

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.