O goberno local solicita colaboración para preparar as carrozas da cabalgata.
O goberno local convocou, mediante anuncios nos taboleiros e na prensa a toda a veciñanaza e escritos ás asociacións de Pontecesures, unha reunión que tivo lugar na noite de onte, 18 de outubro na Casa do Concello. Oito foron as persoas que asistiron, e por parte do equipo de goberno estivo presente a concelleira de cultura, Margarita García Castro e os tenentes de alcalde, Cecilia Tarela e Roque Araújo.
O goberno local expuso que para esta edición de 2012 ten a idea de que se constrúan na nave de obras do concello, cos tres remolques de titularidade municipal, tres carrozas, unha para cada un dos reis magos, mostrando algún modelo a modo de indicación orientativa. Tamén manifestouse o desexo de que as estructuras poidan quedar xa para futuras edicións, e solicitouse a colaboración de todas as persoas para a elaboración das carrozas estimando que sería positiva esta participación conxunta de diferentes persoas (cada unha en función do seu tempo e habilidades) e que así as tres carrozas levarían unha certa uniformidade no deseño. Despois dun breve debate, quedouse en que a data de inicio da elaboración e o ofrecemento da participación sería anunciada oportunamente polo concello.
0 comentarios