Aberta ao tráfico a rúa Mimosas de San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Ata ás 21:30 horas do día de hoxe, sábado, estiveron traballadores da empresa adxudicataria da obra de sanenamento e abastecemento nun dos tramos da rúa co fin de deixar achanzado o terreo e retirar escombros e pedras unha vez rematada a colocación dos tubos dos servizos. A intención é que o vial estea aberto nestes días festivos.
Agora só queda, practicamente, botar o aglomerado na pista e fixar logo as tapas dos pozos e rexistros.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.