FUTBOL SA: O PONTECESURES C.F. ACADOU NA TARDE DE ONTE A SUA 1ª VICTORIA

Publicado por fru o

No partido celebrado na tarde de onte en Pontecesures o equipo cesureño impúxose por un apretado 6 – 5 ó seu rival, o Poio F.S.

 O partido foi moi igualado. Chegouse ós 10 ultimos minutos cun resultado de 5 a 4 para o noso equipo. O Poio, con xente veterana, botouse arriba polo empate, que o logrou a falta de 4 minutos. Pero un penalti gol convertido polo Pontecesures C.F. cando quedaba minuto e medio puxo o definitivo 6 a 5 no marcador.

Merecian acadar esta 1ª victoria os xogadores de Marcos “Pichi”, para seguir competindo con máis ánimos se cabe, e poder acadar o obxetivo da permanencia nesta liga autonómica no seu grupo sur, xa que poden descender ata 5 equipos.

Categorías: DeportesUlla C.F

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.