O Joyería Riveiro vai 6º na liga de fútbol veterán.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Asentouse no seu posto de privilexio, neste caso no Grupo 3, o Fortuna San Martín, cun 3-0 sobre o Boa Vila Barrantes. Outros resultados: Cafetería Vilariño 2-0 A Lama, Joyería Riveiro 3-1 Meaño, Dena 2-1 Samieira, Bar Gento Abalo 1-2 Chorigal, e Castrelo 5-0 Bora Comesano. O San Martín é segundo cos mesmos 22 puntos co Castañal, terceiro, e só un por debaixo do Chorigal, primeiro. O J. Riveiro figura sexto con 19 puntos, o Bar Gento e o Meaño sucédeno na táboa con 17, o Dena é décimo con 15, polos 14 do Boa Vila e do C. Vilariño, duodécimo e decimocuarto, co Castrelo penúltimo con 6 puntos en descenso.

LA VOZ DE GALICIA, 09/11/11

Categorías: Deportes

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.