Ludoteca de Nadal en Pontecesures

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures anuncia a posta en marcha da Ludoteca de Nadal 2011, unha medida de conciliación da vida laboral e familiar durante as vindeiras vacacións escolares. O Concello aposta por ofertar este servizo durante oito xornadas matinais dada a  boa acollida doutras iniciativas similares feitas anteriormente.

A Ludoteca de Nadal é unha alternativa de ocio que se oferta ás familias con fillos de 4 a 12 anos e caracterizada polo seu carácter creativo, plural e participativo. Un dos obxectivos principais desta actividade é crear un ambiente de ocio que favoreza o encontro co grupo de iguais e que potencie o seu desenvolvemento persoal fomentando valores sociais como son a cooperación, o traballo en equipo, o respeto a igualdade ou a solidariedade. La ludoteca celebrarase os días  22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5  de xaneiro no edificio anexo ao pavillón municipal de deportes. Funcionará en horario de 9 a 14 horas cun máximo de 50 prazas.

As familias interesadas teñen que formalizar a inscrición do 12 ao 20 de decembro. Para elo pódense dirixir ás oficinas da Casa do Concello. A cuota é de 15 euros,  aínda que haberá unha bonificación de 3 euros por neno para as incricións de máis dun irmán. Como noutras ocasións, os rapaces empadronados en Pontecesures son os principais destinatarios desta iniciativa, aínda que poderían participar nenos e nenas doutros concellos ate completar o número de prazas. 

Entre as actividades previstas para a Ludoteca de Nadal figuran xogos de interior e exterior, actividades predeportivas, xogos de grupo, obradoiros diversos, contacontos  e propostas de animación.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.