Nota íntegra da ACP sobre o estado da rúa Mimosas de San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A finais de outubro rematou a instalación de rede de auga e saneamento na rúa Mimosas de San Xulián (Pontecesures) obra incluída no Plan de Emerxencias 2011 de Medio Rural logo da tramitación e sinatura do convenio entre dita consellería e o Concello de Pontecesures realizada polo goberno municipal anterior.

Pos ben; dende o 29 de outubro en que a rúa foi aberta provisionalmente ao tráfico tras rematar as obras de colocación das novas tubarías ata hoxe, está sen pavimentar o tramo da rúa Mimosas (está incluído na obra) afectado polos traballos coas correpondientes molestias para os veciños que ven como pasa o tempo e non se bota a capa de asfalto para rematar a actuación dunha vez por todas. Así a gravilla solta, as lóxicas imperfeccións no pavimento que poden provocar danos aos vehículos e os valados de obra son o panorama habitual que se aprecia nestes días no vial, e xa vai máis de mes e medio.

Por elo, solicítase ao goberno local que axilice as xestión para que se bote canto antes o novo pavimento no tramo comentado. Esperamos que nas celebracións do Nadal os veciños non teñan que continuar soportando os problemas que ocasiona o estado actual desta rúa.

Pontecesures, 19/12/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.