Programa de termalismo social IMSERSO 2012 en Pontecesures.
Este programa está dirixido a pensionistas da seguridade social, de xubilación ou invalidez, e de viudedade ou outras pensións co requisito de ter 60 anos cumpridos. Hai que valerse por un mesmo e non padecer alteración do comportamento, nin enfermedade infecto contaxiosa.
Os prazos son:
- ata o 16 de xaneiro de 2012 para os turnos de febreiro a agosto.
- ata o 16 de maio de 2012 para os turnos de setembro a decembro.
As persoas que, reunindo os requisitos, presentaron solicitude a tempada pasada van recibir os impresos no seu domicilio para o trámite simplificado e renovar a súa solicitude.
Para máis Información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.
0 comentarios