Enquisa da ANPA do CPI de Pontecesures sobre o comedor escolar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Pon en coñecemento a ANPA Infesta a todos os pais de alumnos que o local anexo ao pavillón é apto para ser utilizado como comedor escolar e co fin de solicitar o acondicionamento ao Concello e o seu equipamento a Educación realizan a enquisa para coñecer o número aproximado de posibles usuarios.

O servicio de comedor sería a través dun catering e contaría co persoal necesario para o servizo de 14:05 a 16:00 horas cun auxiliar de actividades e unha monitora/coidadora e servirase:
-Un primeiro plato
-Un segundo plato
-Unha guarnición
-Unha sobremesa (froita, lácteos, respostería…)
-pan, auga mineral.

Existirán sempre opcións ao menú principal para persoas de réxime e para aqueles comensais que o requiran por prescripcións facultativas.

O número mínimo de usuarios para a posta en marcha do comedor é de 26 alumnos e ten un custo diario aproximado de 5 euros por usuario que se aboarían mensualmente e por adiantado.

O servizo de comedor non contará con servizo de transporte.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.