A ACP reclama a colocación dos xogos no área de esparcemento do Camiño dos Acevedos de San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Unha das obras do goberno anterior foi a construcion dun área de esparcemento no Camiño dos Acevedos de San Xulián aproveitando un espazo público existente a carón da pista e tendo en conta que tanto nenos como maiores deste lugar non contaban na zona cun área deste tipo.

A obra foi ben acollida pola veciñanza e deixamos encargados dous pequenos xogos para os rapaces co fin de colocalos neste espazo público (na fotografía apreciase o cuadrado reservado para tal fin) que chegaron ao concello en xuño pasado coincidindo coa renovación da corporación.

Estiveron bastantes días os xogos empaquetados na Casa do Concello, trasladáronse, ao parecer á nave de obras, pero o certo é que non se colocaron no área de esparcemento do Camiño dos Acevedos. Incluso foron aboados os xogos, pois o 7 de xullo de 2011 decretouse polo actual alcalde o pago a Ludípolis S.A da factura nº 1018 do 15 de xuño por importe de 887,36 euros e que corresponde a un pequeno balancín e a un triángulo no solo.

Solicítase por isto ao goberno local que se coloquen canto antes eses dous xogos infantís no área de referencia para disfrute dos nenos completándose así unha actuación que recuperou unh espazo público abandonado no que non había máis que desperdicios para convertelo nunha zona acondicionada para disfrute de todos.

Pontecesures, 28/01/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.