O Joyería Riveiro vai cuarto no Grupo 3 do fútbol veterán.
Xornada case perfecta no Grupo 3, coa única derrota do Cafetería Vilariño, 4-1 no campo do Chorigal, ademais da do Meaño no derbi co Boa Vila Barrantes, 1-3. Polo demais, San Andrés de Placeres 0-1 Fortuna San Martín, Bora 0-3 Joyería Riveiro, Burgo 1-1 Dena, e Bueu 2-2 Bar Gento Abalo. O Comité de Competición decidíu dar por rematado co 1-1 provisional o partido Chorigal-Fortuna da xornada 24, suspendido pola suposta agresión dun xogador do equipo vilaxoanés a un rival durante o descanso do encontro. Clasificación: 1º Castañal (54 puntos), 2º Fortuna (53), 3º Boa Vila (52), 4º J. Riveiro (47), 5º Meaño (46), 6º Bar Gento (46), 12º Dena (29), 13º Caf. Vilariño (23) e 18º e penúltimo Castrelo (11).
LA VOZ DE GALICIA, 07/03/12
0 comentarios