Obscurantismo en canto á colocación do mobiliario urbano en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En tres ocasións solicitou xa esta agrupación que se colocase, dunha vez por todas, o mobiliario urbano para ás rúas centrais (Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Victor García) subministrado ao concello o 7 de outubro de 2011 e subvencionado ao 75% pola Consellería de Economía e Industria trala petición realizada polo goberno anterior.

Foron 10 bancos, 11 papeleiras e 9 xardiñeiras que deben ser colocados en 9 espazos das rúas anteditas como se reflicte na memoría técnica que forma parte do expediente que foi consultado por este concelleiro.

Como xa hai máis de tres meses que foron colocadas tres xardiñeiras novas na Travesía da Bandeira de Pontecesures, preguntouse no pleno ordinario do 26 de marzo pasado se eran da partida das xardiñeiras subministradas suvencionadas pola xunta, pois estrañábanos o cambio de destino sen máis e, por suposto, a demora na colocación do material. A concelleira Cecilia Tarela asegurou que non, que as xardiñeiras da Travesía da Bandeira non tiñan nada que ver coas subvencionadas e que foron mercadas aparte para colocar na travesía indicada por deterioro das que alí había.

Con data 29/03/12 solicitei entón ao alcalde a consulta da factura das tres xardiñeiras da Travesía da Bandeira no labor de fiscalización e control, pero, superado o prazo para a autorización, observo que non se me contesta. Decidín ir hoxe ao concello para interesarme pola consulta e nada se me mostrou.

Non entendemos o que está a suceder con este obscurantismo e as razóns polas que non se nos documenta a adquisición das tres xardiñeiras da Travesía da Bandeira. Esiximos coñecer a factura do gasto, pois a negativa sementa dúbidas sobre as afirmacións de Cecilia Tarela ante o pleno, e iso sería moi grave.

Pontecesures, 09/04/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.