Por mor das obras non está a funcionar a calefacción estes días no CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Dende o día 10 de abril no que se reanudaron as clases, non hai calefacción no CPI Pontecesures. As obras de reparación de todo o sistema, afrontadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comezaron nas vacacións de Semana Santa e unha vez colocadas as novas tubarías neses dias agora seguen as obras. Para paliar os efectos utilizáronse estufas eléctricas e incluso mantas porque despois de ter un mes de marzo con temperaturas elevadas baixaron considerablemente as mesmas no mes de abril.
Segundo as informacións que se teñen os traballos aínda non rematarán na semana que ven.

Categorías: Educación

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.