Charla sobre educación para a saúde e prevención de drogodependencias en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Esta charla, dirixida aos pais/nais dos nenos do CPI Pontecesures, terá lugar hoxe, 25 de abril, ás 20 horas na biblioteca do colexio. Este programa ten como obxectivo a promoción da saúde e a prrevención do consumo do tabaco, alcol, e outras drogas na pubertade/adolescencia e está organizado polo Concello de Pontecesures e o CPI Pontecesures.
A directora do centro, Begoña Regueiro, e o concelleiro de educación de Pontecesures, Roque Araújo, fan un chamamento aos pais/nais para que asistan á xuntanza polo seu interese.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.