Nota da ACP sobre o alumeado das rúas centrais de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Xa hai tempo que se lle solicitou ao goberno local de Pontecesures a adopción de medidas para aforrar consumo de enerxía eléctrica no alumeado das rúas centrais da vila que teñen moitos puntos de luz e moita intensidade. Obviamente, nestes tempos de crise é necesario buscar solucións para baixar os gastos correntes do concello

Se nos contestou nun pleno que se están a realizar estudos para realizar investimentos para baixar o consumo do alumeado (luminarias de baixa intensidade ou outros elementos), pero o certo é que o tempo pasa e nada sabemos das actuacións a realizar.

Pero é que, áinda por enriba, obsérvase neste verán, que o alumeado das rúas centrais ponse en marcha moi cedo (aínda hai luz diurna dabondo) e apágase polas mañás moi tarde (xa hai luz diurna suficiente). Non só non se aforra, senón que non se controla o gasto regulando debidamente o funcionamento do alumeado gastándose máis cartos. Istos detalles son percibidos pola veciñanza que critica a deficiente xestión municipal no emprego do diñeiro de todos.

Polo exposto, solicítase que se adopten medidas para que o alumeado das rúas centrais se poña en marcha e se apague cando realmente se necesite co correspondente aforro para as arcas municipais.

Pontecesures, 28/07/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.