Mañá pleno ordinario en Pontecesures. O goberno local a rebufo das iniciativas dos demais.
O luns, 15 de outubro, ás 13:00 horas temos pleno extraordinario en Pontecesures coa seguinte Orde do Día:
1. Actas anteriores.
2. Moción da ACP sobre complemento da prestación económica na situación de incapacidade temporal do persoal ao servizo do Concello de Pontecesures.
3. Moción sobre a prestación económica na situación de incapacidade temporal do persoal ao servizo do Concello de Pontecesures instada ao equipo de goberno polos delegados sindicais.
Con data 05/10/12 tivo que presentar a ACP a moción sobre estes complementos xa que esgótabase o prazo para adoptar o acordo o 15 de outubro, e, coa inoperancia habitual deste goberno, non había proposta algunha a pesar de que xa no pleno ordinario de xullo a ACP habíase interesado por este tema.
O día 9 do mes que andamos foron os delegados sindicais os que tiveron a iniciativa de presentar a proposta que figura no punto 3 da Orde do Día, que practicamente coincide coa de ACP xa que en ámbolos dous casos propóñense as maiores retribucións aos traballadores nos casos de baixas por enfermidade.
Pois ben; na Comisión Informativa de Asuntos Xerais do 10 de outubro dictamináronse as dúas mocións favorablemente e así van ir ao pleno do vindeiro luns (por certo, non pudo ir defender este concelleiro a súa moción na comisión, pois foi excluído das mesmas polo goberno local).
Agora, sorprendentemente, nos atopamos con dúas mocións coincidentes pola falla de iniciativa do equipo de goberno nun principio, e agora pola falla de coordinación. A moción debeu ser presentada no pleno ordinario do 24 de setembro por parte do goberno local e aforraríamos os custos de celebrar un pleno extraordinario o luns contra reloxo por cuestións de prazos.
Xa temos de novo ao goberno local actuando «a toque de cornetín» da oposición, e neste caso tamén dos sindicatos. E a tónica xeral destes últimos meses.
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
0 comentarios