Emenda que se vai presentar hoxe no pleno sobre a rúa María Magariños “A Cuca”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O goberno local propón denominar praza de María “A Cuca” a un espazo do Camiño de San Xulián próximo á N-550 onde se atopa a fonte. A ACP presenta a seguinte alternativa:

“”En base ao disposto no artigo 97.5 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais, formúlase unha emenda de modificación á proposta do punto 3º da orde do día da sesión do pleno do 26/11/12.

DENOMINACI?N COMO R?A MARÍA MAGARI?OS ??A CUCA? A R?A QUE UNE A SUBIDA A REQUEIXO CO CAMI?O DOS ACEVEDOS EN SAN XULIÁN.

???Considérase oportuno que a ceramista María Magariños ??A Cuca? teña unha rúa en Pontecesures, pero esta rúa debe ser unha do lugar de San Xulián que ata o de agora non ten nome concreto e que foi ampliada e pavimentada hai uns anos. ? a rúa que une a Subida a Requeixo co Camiño dos Acevedos.

Nesta rúa está situada a casa, actualmente restaurada, onde viviu María Magariños, alí está situado o seu obradoiro de traballo e alí e onde os veciños aprezaban as súas pezas de cerámica como un belén ornamental bastante visitado no pasado..

Precisamente nesta rúa e a carón da vivenda pódese colocar algúnha placa conmemorativa lembrando a relevancia da artista.

Polo exposto, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

-Denominar a rúa que une a Subida a Requeixo co Camiño dos Acevedos do lugar de San Xulián como rúa MARÍA MAGARI?OS ??A CUCA?.??

Pontecesures, 26 de noviembre de 2012

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.