A emenda da ACP sobre a rúa María Magariños “A Cuca” rexeitada no Pleno.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Tras fundamentar a emenda, o goberno rexeitouna por 6 votos a favor (BNG/PSOE/TeGa) e 5 en contra (PP/IP/ACP) e por 6 votos a favor e 5 abstencións (mesmo sentido de voto) acordou denominar praza de María “A Cuca” ao pequeno espazo anexo ao Camiño de San Xulián acondicionado en 2007 onde se atopa a coñecida como “Fonte de Zabala” pero sen incluir as edificacións que seguirán sendo como ata agora do propio camiño de San Xulián.

Non valorou o goberno que a praza non ía figurar como enderezo postal de ninguén ao non haber casas numeradas neste espazo sendo isto moi importante para a lembranza da artista como se lle dixo no pleno. Tampouco que en todo caso parecía máis oportuno o termo María Magariños “A Cuca” que María “A Cuca” para unha mellor identificación. Manifestou que era unha zona máis céntrica, que o nome estaba decidido, utilizou o rodillo na votación sen tratar de consensuar nada, e punto.

Triste dende logo a nula capacidade de diálogo que ten o equipo de goberno nestes temas tan sensibles que afectan ademais a familiares da ceramista. Primou a imposición sen máis sen ter en conta aos representantes da oposición.

Pontecesures, 27/11/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.