Elección de compromisarios por Pontecesures para o Congreso Autonómico do PP.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Escrito enviado aos afilliados do PP de Pontecesures.

Estimado/a afiliado/a:

O Comité Executivo Provincial do Partido, reunido en Pontevedra, o día 10 de decembro, aprobou a distribución de compromisarios na provincia para o XV Congreso Autonómico a celebrar en Lugo, os días 19 e 20 do mes de xaneiro de 2013.

A elección dos 5 compromisarios que corresponden ao concello de PONTECESURES, efectuaranse mediante lista aberta, á que poderá presentarse como candidato calquera afiliado que goce da súa condición plena segundo os Estatutos e o solicite por escrito na Sede Local do Partido ou ben por correo electrónico no e-mail populares depontecesures@gmail.com.

Unha vez rematado o prazo de inscrición de aspirantes a compromisarios/as, celébranse as asembleas para elixir aos/ás compromisarios/as desta provincia, que terán lugar o día 21 de decembro na Sede Locais do Partido e que se prolongarán ata ás 20:00 horas dese mesmo día, espazo de tempo no que poderás exercer o teu dereito
ao voto para a elección de compromisarios/as e para o que poderás retirar a papeleta oficial de votación a partires das 10:00 horas do día anterior, nas mencionadas sedes do Partido ou Xuntas Locais.

Estas asembleas faranse só no caso de que o número de aspirantes sexa maior que o de prazas.

Para calquera dúbida e información podes chamar á Sede do Partido Popular (683-655921)


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.