O debate sobre as reclamacións veciñais e dos grupos da oposición contra a suba das taxas terá lugar no pleno ordinario do 28 de xaneiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Mañá 24 de xaneiro, ás 13:15 horas, celebrarase a Comisión Informativa de Facenda coa seguinte Orde do Día:

1. Acta anterior.
2. Modificación da ordenanza da taxa do auga. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.
3. Modificación da ordenanza da taxa de sumidoiros. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.
3. Modificación da taxa de cemiterios. Informe sobre as alegacións e aprobación definitiva.

Lémbrase que foron presentadas 320 sinaturas de veciños contra as subas propostas polo goberno local. Tamén PP, IP e ACP presentaron as súas reclamacións. As subas non entraron en vigor a 01/01/13 como pretendía o goberno pois tiveron nu erro no cómputo dos días de exposición pública e xa non podía publicar a aprobación en prazo. Todo indica que van trocar agora o prazo de entrada en vigor reflictido no texto da ordenanza para o segundo trimestre ou para o ano que ven. ? a improvisación dun goberno local sempre con dúbidas e coa inoperancia á que nos ten acostumados.

Tamén mañá, pero ás 13:30 horas, reúnese a Comisión Informativa de Asuntos Xerais, coa seguinte Orde do Día:

1. Acta anterior.
2. Regulamento municipal das prestacións económicas específicas do programa básico de inserción social do Concello de Pontecesures. Aprobación inicial.
3. Moción da ACP sobre o arranxo do servizo de megafonía no salón de sesións da Casa do Concello.

Tods estes asuntos, unha vez ditaminados mañá, serán tratados no pleno ordinario do 28 de xaneiro, ás 20:30 horas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.