Sobre doce establecementos estiveron representados onte na xuntanza dos comerciantes de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Máis de corenta establecementos foron convocados pola presidenta da Mesa Local do Comercio, Cecilia Tarela, para asistir á xuntanza que tivo lugar onte na Casa do Concello de Pontecesures.
Ademáis da presidenta, estiveron tamén presentes os concelleiros, Ángel Souto e Roque Araújo e representantes duns doce comercios.
Explicáronse as funcións da Mesa de Comercio e analizouse polos asistentes a posibilidade de constituir unha asociación de empresarios en xeral da localidade (houbera unha a principios dos anos dous mil, pero con curta vida) para defender os seus intereses. Por parte do concello ofreceuse o apoio da institución fundamentalmente en cuestións de trámites administrativos. Tamén valorouse a posibilidade de instalar por parte dos comerciantes en días de festa (a da lamprea, por exemplo) postos de venda nas rúas a modo de “oulet”.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.