A Casa-Museo de Rosalía de Castro reabre mañá ao público.
A Casa-Museo de Rosalía de Castro, situada no concello coruñés de Padrón, reabreu esta tarde as súas portas para acoller a firma de dous convenios anuais entre a Consellería de Cultura e Educación e a fundación rosaliana, por unha suma total de 60.000 euros.
O inmoble permanecía pechado dende primeiros do mes de decembro para executar as obras de acondicionamento da planta baixa, que foron necesarias para a futura reforma do perfil museográfico e dotala así da infraestructuras necesaria para a incorporación de novas tecnoloxías.
Tras a firma desta tarde, a casa-museo reabre mañá ao público en xeral e, a partir do martes, póderá recibir visitas de grupos e escolares.
O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, que percorreu as instalacións reformadas acompañado polo presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; o alcalde de Padrón, Antonio Fernández; a concelleira de Cultura Carmen Lois e directivos da entidade cultural.
Os convenios firmados servirán para promocionar actividades en lingua galega e para o estudo, investigación e divulgación da obra de Rosalía de Castro e da conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. De feito, 30.000 euros irán destinados a exposición central da efeméride, titulada No principio foi o verso. O cantar dos Cantares.
Coa súa presenza esta tarde en Padrón, o conselleiro de Cultura quixo reiterar o seu compromiso coa posta en valor da figura de Rosalía de Castro.
LA VOZ DE GALICIA, 16/03/13
0 comentarios